top of page

VI Encontro Artes pola Integración

Vídeo resumo do VI Encontro Artes pola Integración - Parte 1 - Días 8 e 9 de xuño de 2017 - A Coruña

Xoves 8 de xuño

 

“Cerebro, Artes, Acción”

Espectáculo multidisciplinar

Dirección: Carlota Pérez e Jenni Rahunen

Asistente de dirección e responsable de adestramento actoral: Dora Pippo

Fundación Luís Seoane

20:00 horas

Cerebro, arte, acción. A beleza non costa diñeiro. Cerebros en movemento, intuición, sorpresa. Tempo. Tempo parado e intelixencia contida. A mirada do que observa. Silencio cheo de música. Neuronas capaces de interconectarse e ser nun cosmos de cerebros diferentes que fan medrar a enerxía colectiva. A través das ferramentas do traballo artístico, créase unha interconexión entre todas as alumnas e alumnos, ao mesmo tempo que se potencian as capacidades creativas de cada un deles/as. Proxecto coproducido pola Concellaría de Políticas Sociais e Diversidades do Concello de Santiago de Compostela.

 

Desabandono Arte

Intervención artística en espazos urbanos

Mamen Bazarra (artes plásticas e música) e Gimena Berenguer (fotografía)

Cidade Vella (comezo en praza da Constitución)

21:30 horas

Acción artística en espazos abandonados da cidade onde se intervirá con pintura e fotografía en diversos muros en estado de abandono. O obxectivo da acción é reciclar espazos urbanos a través da arte, creando toda unha exposición nas rúas que vista de beleza a tristeza deses espazos deteriorados. O dúo artístico escollerá diversos espazos dentro da Cidade Vella. A fotógrafa Gimena Berenguer pegará os seus trabalos para unha posterior intervención pictórica de Mamen Bazarra.

 

Concerto de Óscar Cuesta “Dj Ramone” apoiando o proxecto Desabandono Arte

Praza da Constitución

21:30

 

Venres 9 de xuño

 

Torre de Babel

Espectáculo multidisciplinar

Grupo de teatro da A.C. Diversos

Dirección: Carlota Pérez

Teatro Rosalía de Castro

20:00 horas

Taquilla 9'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Proxecto sociocultural para a diversidade que conta con 20 persoas en escena con diferentes capacidades. Unha iniciativa que busca a colaboración, a inclusión grupal, o respecto intelectual e o fomento da creatividade a través da educación artística e o traballo en equipo. Música, teatro, danza e audiovisuais. Un Proxecto financiado pola Fundación Emalcsa.

 

Inauguración “Conversas co Ágora”

Exposición de fotos tomadas a persoas usuarias do Centro Ágora

Jacobo Ameneiro

Centro Cultural Ágora

22:30 horas

“Conversas co Ágora” é un proxecto para achegar as persoas usuarias ao centro cultural, fidelizalas e que o fagan aínda máis seu.. Unha actividade de ocio cultural, sen restriccións de idade, na que durante uns horarios delimitados as/os participantes da actividade serán retratados. Propoñemos unha gran instalación empregando a sala central do vestíbulo, a cal constará dun bosque de imaxes.

 

Sesión Dj

Pascal Kleiman

Centro Cultural ágora

23:00 horas

Pascal Kleiman (Toulouse) é un Dj francés afincado en Valencia desde 1992 coñecido como “Pés de ouro” ao carecer de brazos. Despois de pinchar nos principais clubes da cidade e de España, Kleiman iniciou un traxecto internacional e conquistou as mellores salas europeas. O seu estilo abarca todas as correntes do techno, psychedelic trance, etc.

beGun

Sala Bunker

Praza da Cormalana, 6, baixo

23:00 horas

Recoñecido por ser un dos produtores con maior proxección da escena electrónica barcelonesa, Gunsal H. Moreno (beGun) conseguiu estar presente en moitos dos mellores festivais do mundo como Sónar (Barcelona, Santiago e Bos Aires), Mutek (México e Barcelona) ou Primavera Sound (Barcelona e Porto).

 

Sábado 10 de xuño

 

 

 

Conferencias no Centro Cultural Ágora

 

Conferencia ”Ferramentas e enfoques para un museo aberto a toda a cidadanía”

Manuel Oliveira – Director do MUSAC

Centro Cultural Ágora

10:00 horas

Un percorrido por unha serie de iniciativas, programas e actividades desenvolvidas no MUSAC para atender a persoas con diversidade funcional e co obxectivo xenérico de construír un museo máis accesible para a diversidade de persoas e colectivos que compoñen a sociedade. Así, falarase de Shapereader destinado de público invidente ou Rara Troupe que se centra en saúde mental. Farase fincapé no proxecto Tamdem, financiado con fondos europeos.

 

 

Conferencia “A práctica artística como lugar de intercambio”

Vicente Galaso e Ícaro Maitena – Colectivo Lisarco

Centro Cultural Ágora

10:45 horas

Vicente Galaso coordinou os proxectos socioeducativos da Fundación SaludArte promovendo proxectos artísticos que vinculan a arte e o desenvolvemento social. Ícaro Maiterena traballa con diferentes linguaxes artísticas: videocreación, cinema experimental, fotografía, instalación, performance, escenografía, escultura, debuxo, gravado, circo e danza

 

Café-coloquio

11:30 horas

 

Conferencia “A danza na Universidade. Camiño e traxectoria a través do Espazo de Danza da USC”

Juan Carlos Zahera – Director do Espazo de Danza da USC

Centro Cultural Ágora

12:30 horas

Nado en Lugo, empeza os seus estudos de danza na  Escola de Artes Coreográficas (A Coruña) onde recibe formación técnica de Danza Clásica, Danza Española (escola bolera) e Jazz-Modern. Desde 1998 dirixe, coreografía e imparte cursos no Espazo de Danza da USC, dando orixe a un Laboratorio de Danza Contemporánea para a comunidade universitaria. Imparte e participa en numerosos simposios, congresos e xornadas, tanto de danza como de investigación no movemento e a música.

 

“Comeza por UN”

Compañía “Sen Vergoña” de IV ciclo da USC

13:15 horas

Centro Cultural Ágora

Duración: 15 minutos. Dirección Artística: Juan Carlos Zahera. Coreografía:  Rosa Acuña. Intérpretes:  Dolores Besteiro,  Maruxa Felpeto,  Dolores L. Choren,  Minda Méndez,  Rosa Menéndez, Sabela Rodríguez,  Pilar Saavedra,  Carlota Sánchez,  Luz Santoalla,  Herminia  Suárez  e  Xosé Valcarcel. Música:  Collage musical. Vestiario:  Espazo de Danza da USC. Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social.

Sábado 10 de xuño

 

“Quebradas Imperfectas”

Colectivo “El Brote”

13.30 horas

Centro Cultural Ágora

 “Quebradas Imperfectas” é un espectáculo de danza-teatro de 15 minutos dirixido por Davínia Descals e interpretada por ela mesma e Íñigo Martínez. Esta obra conecta directamente ao público coas sensacións, vivencias e emocións que poden chegar a vivir e experimentar persoas con diversas patoloxías raras ou descoñecidas, visto desde un punto de vista humano e social.

 

 “Mesa para Tr3s”

Fundación Psico Ballet Mayte León

Teatro Rosalía de Castro

20:30 Horas

TRC Danza. Taquilla 9'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Os coreógrafos Antonio Ruz, Amaya Galeote e Patricia Ruz presentan en “Mesa para Tr3s”, tres propostas escénicas independientes como exploración artística coa compañía inclusiva profesional FRITSCH CO. Ballhaus de Antonio Ruz, Café de Patricia Ruz e Des/envolturas de Amaya Galeote adentranos nos universos creativos dos tres coreógrafos, que mostran unha forma diferente de expresión e comunicación co público.

 

 

“Arquitectura e resistencia”

Proxección

Nicolás Combaro, Paulina Lara e Asociación “Debajo del Sombrero”

Fundación Luís Seoane

22:30 horas

O proxecto recolle os froitos dunha colaboración coa asociación “Debajo del Sombrero” dedicada á creación e ao diálogo artístico en persoas con discapacidade intelectual. A artista Paulina Lara establecerá un diálogo entre o arquivo “Arquitectura e resistencia” de Nicolás Combarro e a resposta artística dos membros da asociación. Ambos os dous traballos proxectaranse de maneira conxunta xerando unha reflexión sobre formas de construción non regrada que encerran unha beleza e unha historia que está por desvelar.

 

 

Domingo 11 de xuño

 

“Palabras de víspera e outras pezas”, de Álvaro Cunqueiro

Grupo de teatro da A. Alexandre Bóveda

Dirección: Xoán Carlos Mejuto  

Castelo de Santo Antón

12:00 horas

“Palabras de Víspera e outras pezas”, de Álvaro Cunqueiro, é un espectáculo do Grupo de Teatro da Asociación Alexandre Bóveda conformado por algunhas das obras de teatro breve que nos deixou o noso gran autor mindoniense. Nela, agrúpanse tres pezas que, pola súa disparidade, nos ofrecen unha mostra da versatilidade e riqueza do seu universo creativo.

 

Sesión Vermú

DJ Pascal  Kleiman

Realización dun mural colectivo de Mamen Bazarra

Praza da Constitución

13:00 horas

Debuxaremos entre todas e todos unha  mandala con xiz sobre o chan da praza do barrio, co fin, de formar unha mandala xigante que simbolice a importancia das prazas como lugar de conexión entre as persoas, experimentando como a suma de todos os debuxos individuais conforman un marabilloso e harmónico mandala. Ao debuxarse con xiz, será unha intervención efémera.

 

 

“La Desmemoria”

Compañía Experimentadanza

Teatro Rosalía de Castro

20:00 horas.

Taquilla 9'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Din que cando perdes a memoria perdes as ganas de amar. Pero non queremos en absoluto perder as ganas de amar porque, con isto, perdemos o noso pasado. Que seriamos nós sen o noso pasado?  Estrelas ou planetas nun universo carente de recordos?. Espectáculo de música e danza contemporánea con Carlota Pérez (danza), Mamen Bazarra (música) e Felipe G. Bescansa (música).

 

 

OBRADOIROS DO VI ENCONTRO ARTES POLA INTEGRACIÓN

 

Lugar: Centro Cultural Ágora, Lugar da Gramela 17, A Coruña

 

 

-Obradoiro de DJ, impartido por Pascal Kleiman. Recoñecido Dj francés sen brazos, participante nos mellores festivais e encontros de música electrónica. Obradoiro dirixido a persoas que queiran iniciarse no mundo da música electrónica e aprender a pinchar e traballar con música experimental.

 

-Obradoiro de danza inclusiva para apoderármomos na diversidade, impartido polo Colectivo El Brote. Ponencias con debates participativos, laboratotrio de danza aberto a todo tipo de capacidades e obradoiros de coñecemento sobre a patoloxía da OI (ósos de cristal). O obxectivo destas actividades é profundar, deconstruir, e á vez construír entre todos/as, dunha forma colectiva, valores importantes para unha sociedade máis inclusiva. Mediante o corpo e a palabra conectaremos de forma individual e colectiva coa nosa esencia.

 

Lugar: Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Ronda de Outeiro, 325, A Coruña.

 

 

-Obradoiro de Artes plásticas, impartido por Abel Barcenilla. Artista plástico que traballará coa reciclaxe, coa cor, ,coa música, con exercicios académicos e, sobre todo, coa mestura de persoas. Aí radica a maxia da creación. Sen máis intención que a de expresar por expresar. “Non ter medo de expresar aquilo que ás veces nos custa tanto”. Dirixido a profesionais que traballan no eido das discapacidades,  rapaces e rapazas, persoas da terceira idade e público en xeral. Exercicios dirixidos, exercicios por tempo, exercicios con música, exercicios grupais e exercicios libres.

 

 

Datas: 9, 10 e 11 de xuño.

Horarios: venres 9: de 16:00 a 19:00 horas. Sábado 10: de 10:00 a 13:00 horas. Domingo 11: de 10:00 a 12:00 horas.

Custo de cada obradoiro: 60 € (ingreso na conta La Caixa ES50 2100 2109 4801 0023 1100).

Inscrición: enviar un correo electrónico indicando no asunto o nome da persoa participante e o obradoiro seleccionado a experimentadanza@yahoo.es, achegando o xustificante de pago. 

Prazo: ata o 2 de xuño de 2017.

Nº prazas para cada obradoiro: 10

 

O VI Encontro Artes pola Integración conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

 

ORGANIZACIÓN E DIRECCIÓN DO VI ENCONTRO ARTES POLA INTEGRACIÓN: EXPERIMENTACULTURA.  TFNO: 663 301 765

Vídeo resumo do VI Encontro Artes pola Integración - Parte 1 - Días 8 e 9 de xuño de 2017 - A Coruña
bottom of page