Artes pola integración é un proxecto que comezou a súa andaina no ano 2008, tras un traballo de inclusión
social a través da danza e o teatro en Prisións de Galicia.
Paralelamente nace a compañía Ci.5s para persoas con e sen discapacidade que hoxe en día creou un
espectáculo que integra a persoas profesionais do mundo da danza e da música.
Carlota Pérez dirixiu desde o seu primeiro Festival de Integración as súas edicións en difererentes cidades
e espazos e colaborando con outras entidades. Tamén ealiza proxectos en colaboración con artistas de diferentes
disciplinas en: centros psiquiátricos, penitenciarios, centros de R¡reforma para menores e moz@s con problemas de conduta, violencia de xénero e colectivos con diversidade funcional.
Foi convidada a dar talleres e conferencias en España e en Arxentina, Tunez, Marrocos
e para diversos festivais da Unesco.
No ano 2017 comeza un proxecto artístico para persoas diversas baseado na Torre de Babel,
en Santiago de Compostela, e prepara o Encontro 2017 na Coruña.