top of page

Introdúcete no mundo dos outros/as compartindo, desde a mirada autentica da arte, o que tes nos teus ollos, o que te move.

Filosofía

Á súa vez, estas persoas atopan unha axuda física e psicolóxica que lles fai evolucionar a un nivel máis profundo, comprendendo que existen moitas maneiras de relacionarse.
Existen proxectos europeos de integración que mesmo potencian a inserción
laboral a través do traballo coas artes escénicas, pasando de ser un proxecto
de lecer a ser un medio de vida.
Este proxecto de danza pretende non terminar na función final, senon conseguir
unha continuidade na formación e a  distribución do  espectáculo cun cachet
que axude aos alumnos/as para sentirse dalgún modo, profesionais e cubra os gastos de produción.

Introdúcete nas actividades artísticas dirixidas a persoas con necesidades de inclusión social.  Manteñamos a esperanza  por medio da colaboración e formación de traballos grupais.
Traballamos para crear nas persoas participantes unha nova realidade e unha alternativa cultural para o seu desenvolvemento intelectual, cultural e humano.

bottom of page